Unha das finalidades de Larpeirandopalabras é que poidades informar aos vosos compañeiros das vosas larpeiradas, é dicir, libros, favoritas. Aquí publicaremos as vosas recensións, textos informativos que inclúen a ficha técnica do libro, o argumento do mesmo e que ademais contén a valoración persoal do autor do comentario.
Deste xeito podemos guiar a outros posibles lectores a que eles tamén proben a nosa larpeirada. Pero ollo! temos que deixar marxe á intriga, se contamos todo o que ocorre no libro este perde emoción.
Deixámosvos a continuación unha mostra de comentario do libro Irmán do vento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario