1/25/2012

A illa do tesouro de R.L. Stevenson

R.L.Stevenson:  A illa do tesouro
 Editorial Xerais de Galicia.
3ª edición. Vigo 1985.
 
   O libro empeza cunha familia composta polo pai, a nai e o fillo(Jim Hawkins) dirixindo unha taberna chamada “Almirante Benbow” á que un día, chega un pirata que, por tomar moito ron, morre. Hawkins, sendo moi listo ao ver o arcón do pirata, rexistroulle o chaleco buscando as chaves do cofre e o que encontrou nel, foi un mapa do tesouro. Uns días antes morrera o seu pai (o doutor Livesey estivo indo a visitalo para intentar curalo pero non o conseguiu) e a familia caeu nunha gran depresión. O neno quixo, ó estar deprimido pola súa morte, ir na búsqueda das setecentas mil libras xunto co doutor e algúns mariñeiros co que o pago sería unha parte do tesouro.Para isto o doutor merca un barco chamado A Hispaniola na que inician  a viaxe.  
   A min gustoume o libro sobre todo pola traición da tripulación. Ensinoume algúns significados de expresións e palabras que non coñecía. A frase coa que me quedei é “Pezas de a oito!” Porque o repite todo o tempoo durante o libro o papagaio de John o Longo. 
Rubén Torregrosa 1ºC

Ningún comentario:

Publicar un comentario