1/25/2012

O cocho de carreiras Rudi Fuciños de Uwe Timm


 TIMM, Uwe:O cocho de carreiras Rudi Fuciños
Ed. Galaxia, 11ª edición. Vigo 2008.



O resume vouno facer en primeira persoa como está o libro, porque o conta un neno e non se sabe como se chama.

Eu teño un cocho na casa que responde polo nome de Rudi Fuciños. Conseguímolo de regalo, aínda que de verdade  conseguiuno a miña irmá Zuppi. Aínda é moi pequeno, tanto o cocho coma a miña irmá pequena, Zuppi. Só hai un  problema: nós, a miña irmá pequena Zuppi, a miña irmá maior Betti, os meus pais e eu, non podemos ter un cocho na casa. Pero por sorte temos un baixo con xardín e entón  témolo nunha pequena corte. Vivimos nun edificio bastante grande, con xente moi simpática, excepto un vello tacaño, que  sempre está roñando. Ese mesmo veciño noso, deuse conta de que tíñamos o cocho pequeniño no xardín da nosa casa, e  díxonos  que non podiamos telo no noso xardín ou  chamaba a policía. Entón non sabemos o que imos facer......
   Este libro encantoume,  porque ademais de que a min non me gusta nada ler, este libro convenceume e lino ata acabalo. O que máis me gustou do libro foi decatarme de  que Rudi medra extraordinariamente rápido, de feito tamén de que os cochos medran rápido se están ben alimentados. Eu recoméndolles este libro a toda a xente que lle guste rir, entreterse e aos que non lles guste ler.
Javier Vilar 1ºC

2 comentarios:

  1. Albeerto Valiño 1º C30 de mar. de 2012, 14:04:00

    Eu xa lin este libro,gustome moito por que aparte de facerme rir,entretinme ao ler o libro e cando o cocho iva crecendo pouco a pouco.

    ResponderEliminar
  2. Queria saber en que cidade sucede

    ResponderEliminar