FARIÑA, Anxo. Os Megatoxos e a Espada Esmeralda.
Editorial A Nosa Terra. Nºed. 26. Vigo 2008
Nesta nova aventura os Megatoxos deberán ir na procura dunha solución para a súa mutación xenética. Viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece.
Os Megatoxos e a Espada Esmeralda é un libro no que non sabes o que podes encontrar. Ao principo non me gustaba moito, pero cando xa tiña lido varios capítulos comezou a gustarme moitísimo máis. Este libro espertoume a imaxinación nalgúns capitulos, porque non sabía o que podía aparecer na seguinte páxina.
Os libros de ficción e de aventuras son os que máis me gustan e creo que este libro recolle as dúas características(ficción e aventura).
Recomendaríallo aos lectores aos que, coma a min, lles guste a ficción e as aventuras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario