1/25/2012

O monstro das palabras de María Reimúndez

REIMÚNDEZ, Maria,
O monstro das palabras.
Ed: Xerais 1° edicion, Lugo 2009

   Esta historia conta as aventuras de Alba e Lela que son dúas amigas que un día chegaron tarde ao colexio e todos estaban calados coma parvos, mirando cara ao  taboleiro e tatexando algunhas palabras, pero as máis sinxelas. A mestra  explicoulles o que pasaba:ela tiña máis de cen anos,  era unha lexicografa e que existía un monstro que era o monstro das palabras. Despois de explicarlles iso pararon na casa da avoa de Lela e díxolles que ela (a avoa de Lela) tamén era unha lexicógrafa.

    Este libro pareceume moi divertido e alentador que che fai rir e pensar, co cal é un dos meus libros preferidos. A medida que vas lendo o libro gústache  cada vez máis. É un libro que eu llelo recomendo ás
persoas que queiran pasar un bo anaco lendo.Gustoume moito.
Silvia Soto 1ºC

Ningún comentario:

Publicar un comentario