1/25/2012

Pel de lobo de Xosé Miranda.

 Xosé Miranda:Pel de lobo

Xerais, Vigo 2002.


Esta é a historia dun rapaz que vivía nun val xunto ao seu pai que era cazador.
Unha noite chegou Orestes, un señor que lle pediu a Fulxencio que lle axudase a el e aos veciños do lugar a matar uns lobos e en especial a un que era xigante e que comera máis dunha persoa e ao que  moitos  viron camiñando en dúas patas.
Co tempo descóbrese que non era un senón  dous e moi diferentes entre si, casualmente igual a dúas irmás fillas de Eduardo, que unha era loura e a outra morena.
Será verdade o que se conta sobre a lenda do home lobo? por que algúns veciños defendían aos lobos e outros querían matalos ?.
Serán capaces durante a montaría de descubrir a verdade sen que os lobos volvan ao ataque ?.
Penso que é un libro moi interesante, gustoume moito e me mantívome interesada ata o final.  Recomendaríallo aos  rapaces de doce anos,coma min, e que por suposto lles gusten os libros de suspense.
Milena Sofía Rodríguez Quiroga.1ºD       
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario