5/09/2012

1ºC tamén burbulla poemas

Na aula de 1ºC empezaron a burbullar os poemas. Gústanos xogar xuntos coas palabras: burbullalas, deformalas, estiralas, rachalas, estoupalas... Hoxe Pimentel volveu prestarnos o seu poema Mañá da miña rúa. Del collemos o molde, nós puxemos o sentimento e as palabras.


Néboa da miña amargura
Entrou a néboa na miña amargura    
tan  fría, tan distante e inerte
coma a choiva nun día de inverno.
Hoxe a miña amargura está soa.
Berran os corvos arredor das casas?
Ela foi a primeira que chorou
co seu corazón encollido,
unha pedra  de sentimentos rotos
morría baixo a luz da lúa.
As estrelas, apagadas,
saloucaban caladas, baleiras...
(...)
Paxaro negro, escuro,..
a morte ao axexo.
A amargura é infinita,
coma se fose cara ao fin.
A morte chega.
Alumnas e alumnos de 1ºC

2 comentarios:

  1. Paréceme unha boa idea, o de inspirarse nos poemas outra xente para crear outros novos. É unha boa maneira de aprender!

    ResponderEliminar