10/28/2012

Sairemos como galegos!!!

Cando estivemos traballando a publicidade en 2º curso case non puidemos ver anuncios comerciais en galego, só atopabamos publicidade institucional. A conclusión foi fácil: o galego non vende, e diso tamén puidemos falar. Gadis vén de sacar esta campaña, variante da súa xa famosa "Vivamos como galegos", na que os nenos ocupan o lugar que nas anteriores tiñan os adultos e cun cambio no eslogan:"Sairemos como galegos".
 Participade cos vosos comentarios opinando sobre este anuncio e reflexionando sobre a súa finalidade: saír de que?, por que nenos remedando situacións que xa coñeciamos de campañas anteriores? Veña, adiante.



10/24/2012

DRAGAL

Dragal I, a herdanza do Dragón  é o título desta larpeirada que xa estamos saboreando en 1º. Ollade este book-trailer e deixade os vosos comentarios:



10/22/2012

Lingua e sociedade 2ºESO

Nas clases de 2º curso estamos vendo algúns conceptos de sociolingüística. Para poder repasalos deixámosvos a presentación que utilizamos na clase. Lembrade: o importante é comprender, non memorizar.

Fálame!!!

Este é eslogan que Carmela, Noelia e Manuel de 2º C escolleron para o seu anuncio publicitario: breve e contundente. Parabéns aos autores.



10/14/2012

A miña planta de laranxa lima de J.MAURO DE VASCONCELOS

Ben, xa estamos de volta e preparados a seguir larpeirarando. Comezamos con este video da novela  A miña planta de laranxa lima, de JOSÉ MAURO DE VASCONCELOS,  para que se vos faga a boca auga, especialmente aos de 2º, que xa comezaron (ou deberían) coa lectura.
 BO PROVEITO!!




!