1/31/2013

Poema de Paz, Santiago Fernández Fornos

O 31 de xaneiro celebramos o Día da Paz no noso instituto. Os nosos desexos están  expostos en forma de mans e de pombas.
Santi, de 2º A, fixo a súa aportación persoal para este día con este fermoso poema:


A paz está para amala,
e Gandhi está para respectalo,
este Día da Paz está para homenaxealo.

O Día da Paz está para que acabe a guerra,
se non hai guerra, a terra será máis tranquila,
hai que rematar cos ataques das guerras.

Por fin rematou o sufrimento,
de que a guerra acabara coa terra tranquila.
Agora comeza a ESPERANZA.
Santiago Fernández Fornos 2ºA

Sociolingüística

Seguimos con sociolingüística en 2º curso. Coñecemos xa  a situación das linguas de Europa, a lexislación que regula os dereitos lingüísticos dos falantes das linguas minoritaria e a lexislación estatal e autonómica con respecto ás diferentes linguas do Estado.  Agora ímonos centrar na situación do galego: os usos, a consideración social e o coñecemento.
Como material de apoio deixámosvos o seguinte material que vos permitirá repasar e fixar conceptos.



1/30/2013

Billy Budd de Herman Melville


 http://www.librariacartabon.com/imagenProducto.php?id=9788475070988&tipo=caratula
Un rapaz chamado Billy Budd  é mariñeiro nun barco mercante e foi recrutado para un buque de guerra británico durante o ano 1797, ano de motíns nos buques ingleses.O rapaz é moi  querido por todos, xa que ten moi bo carácter e é moi traballador,  ata o capitán  lle quere ben. Todos menos o mestre de armas, que morto de envexa ao ver o querido que é o rapaz monta unha trama para desprestixialo dicindo que quere amotinarse e que ten a todos da súa parte .O capitán non o cre e  reúneos  aos dous na súa cámara onde ocorre o tráxico final. 
Tomás Díaz Aguiño nº16 2ºA

CARBALLUDE , Pepe : !Maldito D.N.I


http://www.muylibro.com/i/XG00134702.jpg 
 CARBALLUDE , Pepe : !Maldito D.N.I¡ Edicións XERAIS.


    Olimpio Montes estaba canso de vivir controlado, segundo el, polo D.N.I., o pasaporte, o libro de familia... e quería desaparecer, queria que o deran por morto.
    Ao principio todo lle foi moi ben como morto ata que decidiu ir ao cine e....
    
    Se queres saber se é sinxelo vivir sen o D.N.I, colle este libro na biblioteca, sobre todo se chee gustan as novelas policiacas.
Lorena Castro Pombo 2ºA nº13

RIVAS, Manuel: Bala perdida

http://www.ucm.es/BUCM/escritores/manuel_rivas/adi1718.jpg Uns piratas collen a unha  xornalista  para que escriba no seu periódico unha noticia sobre os nazis. RosaRibeiro,tamén chamada Ganso Salvaxe,é unha xornalista de Atlas ,pobo mariñeiro, que escribe no xornal Celtics News que fora  fundado  polo seu pai ,Fernando Ribeiro.Un día ao seu lugar de traballo chegaron uns piratas enviados por Bala Perdida,a xente de Atlas falaba deste pirata coma se nunca existira.Estes  dixéronlle que  fora con eles,  pero non podían decirlle o porqué.No barco pasáronlle moitas aventuras.
Un día Bala Perdida levouna  a   unha furna situada en San Andrés de Teixido .  Alí descrubriu unha cripta con ouro pero non se podía tocar, porque estaba maldito .Bala Perdida explicoulle que fora levado ata alí polo barco Zaratrusta no ano  1945, porque as persoas que faleceran por causa dos nazis lles queimaban  os dentes e os ósos e tranformábanos  neste  ouro.O pirata pediulle a Ganso Salvaxe que escribira unha noticia no Celtic News ,pero que non desvelara todo o segredo e se alguén o lía e se interesaba que fora ao seu estudo .Un día chegou a imprenta  Walter Benjamin un señor baixiño ,que proviña do Congreso Mundial,interesándose  pola noticia que Rosa escribiu. Ao día seguinte deu unha pista para que as persoas do  Congreso Mundial foran  a San Andrés de Teixido e colleran o ouro que lles pertencía por ser  dos seus seres queridos. Ao longo da súa estanza no Liberdade, barco dos piratas, Rosa namora dun pirata, Rai.                    

É un libro no que ocorren moitas aventuras e tamén ten unha parte romántica, no tocante a Rai e Rosa.É moi divertido; a min gustoume moito.         

Laura Amado 2ºA           

Bala perdida e os seus piratas necesitaban unha periodista para encontrar un tesouro, e acudiron a Ganso Salvaxe, en realidada chamada Rosa, que traballaba no Celtic News.
Un día  chegaron a unha igrexa cunha cripta na que  Ganso salvaxe atopou lingotes de ouro, pero como eran nazis Bala Perdida prohibiulle collelos. Logo foi secuestrada.Ese home, Herr Doktor non lle daría comer ata que non lle dixera onde estaba o ouro da maldición.
Rosa estaba presa e vixiada por unha señora, a quen enganou  dicindo que ía mandar unha receita co medicamento para a súa calvicie, e en realidade mandou unha carta de socorro.


Bala perdida é un libro entretido e segue sempre a mesma historia, non cambia moito de tema.
Considero unha boa elección escoller a Ganso Salvaxe para encontrar o tesouro, é unha rapaza moi intelixente. O momento máis importante eu creo que claramente é cando encontran o tesouro e ten que escribir o que pasou en forma de conto, porque se non escribise o conto despois a historia non tería sentido.
Este libro  paréceme incríble, non é só para nenos pequenos, tamén para adultos e adolescentes ós que lles gusten as aventuras de  piratas e con algo de intriga

Pablo Ferrer Herrero    2ºA
                                  

SUE, Eugéne: O pirata Kernok.

http://www.librolibro.es/images/portadas/o-pirata-kernok-9788487126024.jpgSUE, Eugéne: O pirata Kernok. Vigo, 2001. Edicións do Cumio

Kernok é un intrépido e valente pirata, algo cruel, que aos 15 anos marchous da casa e embarcou no barco Gabián para ter unha vida de mariñeiro.
Kernok soña unha historia na que  aparecen uns personaxes e lle suceden unhas cousas e, entón Kernok despertou daquel soño e cría que era real.Vai a buscar a aqueles personaxes polo mundo co seu barco eos seus tripulantes.
Este libro pareceume moi entretido porque tiña as dúas cousas que máis me gustan, a intriga e mais a aventura. Foi entretido como xa dixen pero, un pouco difícil de entender pola linguaxe que empregaban.
 Daniel Fernández 2ºA

BURGESS, Melvin: Ionqui



http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Datos/Portadas/84-8302-366-0.jpg
      Este libro conta a historia de Gemma e Tar(David), unha parella de adolescentes que marchan da casa con catorce anos en busca de novas oportunidades.
      Durante o tempo que pasaron fóra da casa aventuráronse no mundo das drogas, do roubo e na vida como okupas, xunto cos seus dous mellores amigos Lily e Rob , unha parella da súa idade.
      Recomendaría este libro á xente que algunha vez pensou que quería facerse maior para poder marchar da casa e non ter que aguantar que seus pais lle boten a bronca. É necesario chegar a ter certa idade para independizarse e valerse por si mesmo. 
Ter un traballo poder pagar un aluguer/hipoteca, asentar a cabeza...      A todos nos chega ese momento, o momento de estar preparado e capacitado para marchar da casa, para deixar atrás a infancia ,a adolescencia…. Non fai falla adiantalo ou facelo chegar o antes posible, as cousas pasan no momento indicado. Por algo será

                                                                                                             Amaia Tomé    2º C

MAYORAL, Marina: tristes armas

 MAYORAL, Marina: tristes armas. Vigo, 1994. Edicións Xerais

 
 Harmonía e Rosa son dúas irmás procedentes de Galicia, exiliadas a Rusia a
 causa da Guerra Civil. 
 Os seus pais estaba loitando, polo que tiveron que quedar nun orfanato.
 Alí coñeceron a súa profesora e a León, o seu mellor amigo que  pronto será
 algo máis.
 
 E cos seus pais que pasaría?
 
 Se queredes saber o que pasou lede o libro que seguro que vos vai gustar
 moito porque, aínda que é triste, ten un final feliz e bonito asi que xa
 sabedes, lédeo, seguro que vos gusta!

 Laura Cortés Gil   2ºA  Nº15

FERNÁNDEZ PAZ Agustin . Cartas de Inverno

FERNÁNDEZ PAZ Agustin . Cartas de Inverno
     Edicións Xerais , Vigo 1995



Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre remitido polo seu irmán Xabier desde un, para ela, descoñecido lugar: Doroña (Vilamaior). No interior inclúense unha carta e outro sobre máis pequeno coa lapela de cerre reforzada por unha fita adhesiva. Na carta, Xabier indícalle á súa irmá que non abra o sobre fechado e que, se  antes dunha semana non volve recibir outra misiva súa, llo entregue ó Inspector Soutullo da Comisaría de Vigo.
Pero Tareixa non pode resistir a tentación e abre o sobre. No seu interior aparecen unhas cartas que lle foran remitidas a Xabier polo seu amigo o pintor Adrián Louzao, e que el tardará tempo en recibir por mor dunha longa estadía en Quebec.
No epistolario Adrián fala dos estraños sucesos que está a vivir relacionados coa súa nova casa, e pídelle axuda ó seu amigo.

  Este libro libro gustoume moitísimo  porque me encantou o papel dos personaxes e as historias que nos conta cada un. Eu recomento este libro a todos os rapaces e rapazas porque é intereantísimo e, sobre todo, porque  contén momentos de moita intriga . 
Alfonso Edreira 2ºA

1/24/2013

APPANAH, Nathacha: O derradeiro irmán.

 

APPANAH, Nathacha: O derradeiro irmán. París, 2009. Edicións XERAIS.

http://xerais.files.wordpress.com/2009/02/xg00151401.jpg?w=450
Rag ten dous irmáns, Aníl e Vinod. O seu primeiro recordo xa  lle marcou a vida. Sempre pensou que el era o irmán máis débil, en cambio foi o que sobreviviu no campamento de Mampou. O seu pai mandouno a el á  escola. Un 26 de decembro de 1940 un barco o Atlantic atraca en Port-Louis (nova casa de Rag). Trae 1.500 xudeus rexeitados de Palestina. Rag non sabía o que pasaba en Europa. Un día escondéndose nas pólas das árbores, viu un neno na prisión, David, un xudeu que foi rexeitado a Palestina cos seus pais. Fíxose amigo del, sacouno do cárcere e meteuno na súa casa.  Rag decidiu escaparse, con David, de Port-louis e irse para o campamento de Mampou. Alí encontraron traballo fácil, pero aos poucos días os policías encontraron a David estiveron un tempo escapando deles, e David quedou agotado. Estaban a tan só unha hora e media da prisión, pero fixéronlles dar voltas a Beau-Bassin tres días. David estaba morto e Rag con poliomelite. A David enterrárono no cemiterio dos xudeus. Cando Rag xa é maior e se encontra con xente que tivo polio míralles o pé con culpabilidade.

É un libro difícil de ler polo seu rico vocabulario pero a parte que é a historia que conta Rag en primeira persoa gústoume pola intriga e o misterio. Para min é un pouco triste, polas mortes da Segunda Guerra Mundial,os xudeus, etc... Eu recomendo este libro ás persoas ás  que lles guste a intríga, misterio, realismo e tristeza. Tamén o recomendo ás persoas  ás que lles gusten as memorias, porque este libro ten dúas partes entrelazadas: a vida de Rag desde que era pequeno (memorias) e a vida actual de Rag.
Xosé 2ºA

A miña planta de laranxa lima.

 

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhLQXz9v8faQ00w7tbqX6gPv_hNSIIMb9jJQ5w74gWac6Pirn109j8RHJmEjxs5WkjN3g86n1BW2BUvqrC42OUTMwyZDYpNIzNmoLhnmxkOVn5AvO8d8Uku58FW73Crladf49ReLyFnONmA/s1600/a+mi%25C3%25B1a+planta.jpgÉ a historia dun neno moi pobre e que é maltratado por algúns dos seus familiares, chegando a crer que ten o demo dentro del. Grazas á súa intelixencia e imaxinación é capaz de crear un mundo que lle permite esquecer a realidade que vive. Chega a coñecer a verdadeira amizade por un adulto, gozando de grandes momentos de felicidade, abrindo unha xanela á esperanza.

Gustoume moito a pesar de que é moi triste e dramático, xa que Zezé vive sensacións e experiencias moi duras para a súa idade.
César Brandy Goy 2ºA



Este libro trata dun neno pobre que fai travesuras. É moi listo e a súa historia é moi entenrecedora. Ten sete irmáns: Gloria, unha irmá que se foi cara ó norte na procura dunha vida mellor, Totoca, Jandira, Luís, Lalá e Godoia. O seu pai nalgunha parte do relato queda sen emprego e vólveo recuperar ao final e a súa nai traballa nos teares.Ten un tío ( o tío Edmundo ) e unha avoa ( Dindiña ). Faise amigo dun señor ó que chaman "O Portugués" e acaba chamandolle Portuga. Tamén se fai amigo dun señor que vende folletos e os reparte cantando con el e dunha planta de laranxa lima coa que cre que fala. Zeze ( O neno protagonista ) vive en Bangú, Río de Xaneiro, e esta historia transcorre no ano 1920.
Este libro gustoume moito porque demostra que a calquera idade, en calquera caso, podemos conseguir o que nos propoñemos( Zézé propúxose ler e acabou lendo, propuxose facer o morcego no coche do portugués e  conseguiuno). Este libro non o recomendo a nenos
Rubén Torregrosa 2º C

Corredores de sombras


 http://linguason.blogaliza.org/files/2011/06/corredores-de-sombra.jpg

  
FERNANDEZ PAZ, Agustín Corredores de Sombra Edicións Xerais de Galicia ( 11ª edición, xuño, 2011)
Este libro narra unha historia que Clara conta, e que formou parte do seu pasado. Entre os personaxes principais encóntrase ela, unha adolescente disposta a todo, e Miguel, o seu amor. Clara, á descuberta dun esqueleto na súa casa, e a falta de información sobre seu pai, ponse en marcha para, xunto con Miguel, averiguar os segredos máis agochados dos Soutelo, a súa familia. O seu pai intentaba disimulalo só como un incidente, mais Clara púxose a investigar. Ía de lugar en lugar, preguntando á xente maior, intentando descubrir a súa identidade e o motivo polo que estaba aí ese esqueleto, axudada por Miguel e Carlos, o seu tío. Cando o seu pai se decatou de que ela estaba a saír con Miguel prohibiulles encontrárense e Carlos decidiu axudarlles a verse. Ao final, Clara, descubrirá que as solucións a un enigma poden vir do lugar menos pensado. 

 Creo que a intencón deste libro é a de facer saber o que algúns falanxistas fixeron e nunca contaron. O autor denuncia a falta de igualdade naqueles tempos. Creo que é un libro con moitos argumentos e gustaríame recomendarllelo a persoas ás que lles guste o misterio 
 José Manuel Vázquez Calatayud 2ºC


Esta novela é histórica, pero á vez de misterio.
Carla conta como foi o verán do ano 1995, que pasou no pazo da familia en Vilarelle. Alí, facendo reformas atopan un esqueleto dentro de dúas paredes. O esquelete ten dous furados de bala, parece que foi un asasinato. Clara decide investigar sobre o caso, quere descubrir quen é o asasino e o asasinado. Un día, coñece a Miguel, o que remataría sendo o seu mozo, e axúdalle a resolver o caso falando ccoa súa avoa. Descobren que naquela época no pazo estaba o avó de Clara coidando ao amante da súa avoa, Rafael, encerrado no edificio.
Tamén, o tío da protagonista dilles que Pablo non era moi boa persoa. Quen será o asasino? E quen será o asasinado?

Gustoume moito sobre todo porque é de misterio, pero tamén é moi conmovedora polo final. Aprendín cousas sobre a Guerra Civil léndoa.
Recoméndolle este libro a calquera persoa á  que lle gusten os libros de misterio, que queira aprender cousas sobre o pasado do país, e que saiba emocionarse.

Irene García Pizarro 2º A Nº 25

VÁZQUEZ ÁLVAREZ, David D. : Orballo da mañá.


http://www.librolibro.es/images/portadas/orballo-da-mana-9788496526693.jpg 
VÁZQUEZ ÁLVAREZ, David D. : Orballo da mañá. A Coruña 2006, Baía edicións.

  Nadia é unha nena saharaui que se fai moi amiga dunha nena española que se perde no deserto porque o seu coche se avaría. Descobren un pequeno poboado que resulta ser onde viven Nadia e a súa familia. Conviven con eles ata que os vén  buscar un camión que lles proporciona provisións. Uns meses despois a familia de Nadia decide marchar a España para poder encontrar unha vida mellor, afastada da pobreza da súa aldea. Teñen que deixar ao avó Ismael alí porque non teñen diñeiro suficiente. Nunha pequena barca  alónxanse do seu país de nacemento cara ao país que lles vai dar a alegría que eles precisan. Quedan a vivir co tío Said uns meses ata que Mulai, o pai de Nadia, consegue traballo e aforran o suficiente  para alugar un apartamento no que poidan vivir coa nova integrante da familia, xa que Aisha estaba embarazada e deu luz en España.

 A min este libro gustoume moito, xa que ensina a importancia da familia e tamén que a amizade non ten que ver coas razas ou cos costumes das persoas. 
 Noelia Valiño Vidal 2ºC

O enigma da herdanza Hertz de PIERRE GRIPARI

http://www.doctortrade.com/images/products/libros/7/2701147/o-enigma-da-herdanza-hertz_1333170_776.jpgGRIPARI, Pierre: O enigma da herdanza Hertz. L’Age d’Homme,  Cumio,1986.

O detective Nap Snadel xunto co seu bo amigo o doutor Gastón teñen un novo caso. Un novo caso estraño no que nun principio un detective non tiña nada polo que intervir pero o que acaba cunha gran fortuna, un asasino, tres mortos inocentes e un impostor. Karl Hertz, morto recentemente deixa unha herdanza que consistía esencialmente en seis lotes, seis obxectos de arte sen gran valor, respectivamente atribuídos ós seis fillos. Aínda que levara unha vida sinxela, faciase pasar por moi rico. Disto pódense deducir dúas hipóteses: ou ben enganou os seus herdeiros facéndoos crer que era rico ou ben agochou un sétimo lote ou nun dos seis obxectos pertencentes a herdanza ou nalgunha outra parte.

 Este relato resultoume moi interesante e emocionante pola súa continua intriga e o seu gran suspense. Paréceme unha historia fascinante e excelente que lle recomendo a calquera persoa, tanto a rapaces da miña idade coma a adultos, sempre que queiran sentir unha mestura de diversión, intriga e emoción.
 Sara Vicos 2ºC

BERNÁNDEZ VILAR, Xoán: Big-Bang.

http://dialnet.unirioja.es/recursos/imagen?entidad=LIBRO&tipo_contenido=92&libro=296648

BERNÁNDEZ VILAR, Xoán: Big-Bang. Vigo, 1996. Edicións Xerais
 Un grupo de astronautas do planeta Eretz chega ó Terceiro Planeta á búsqueda de varios compañeiros misteriosamente desaparecidos. Mentres, prodúcese unha magna convulsión que provoca uns cambios ambientais e ecolóxicos que case acaban coa vida no planeta. Así, os protagonistas convértense en testigos duns feitos que responden a moitos dos interrogantes científicos que se viñeran formulando ó longo da historia.

 Big-Bang é un libro interesante e sorprendente que é capaz de engancharte á lectura. Recoméndollo á xente que lle gusta ler libros de aventuras e con moita ficción.
Francisco Quintanilla 2ºC

MASINI, Beatrice: Adiviña quen son

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Datos/Portadas/978-84-92404-09-4.jpg 
MASINI, Beatrice: Adiviña quen son. Vigo, 2008. Tambre 
Dous rapaces envíanse mensaxes anónimas para contarse o que pensan dos seus compañeiros, da súa familia... pero o máis importante, para contarse o que senten un polo outro. Aquí empeza unha historia de amor onde a intriga é coñecer o nome da moza que conquistou o corazón de Michele. 

 Pareceume unha historia interesante, pola maneira en que está escrita, que te atrapa dende as primeiras liñas. É emocionante e, ao mesmo tempo, presenta un pouco de intriga porque queres coñecer o nome da rapaza e as últimas mensaxes anónimas. O amor, a amizade, esa covardía de non querer que os nosos sentimentos saian fóra de nós... son cousas que nos acompañan ó longo da vida. Por estes motivos creo que o autor elixiu moi ben os temas do relato. O libro mestura  a dozura das palabras coa intriga de coñecer o que vai suceder no final. Pero, sobretodo relata unha historia de amor: mensaxes anónimas, algún que outro enfado... Adiviña quen son é unha magnífica obra para mozos, que mantén en toda a historia esa intriga que a fai única

Poderosa, diario dunha rapaza que tiña o mundo na man.



KLEIN, Sérgio.Poderosa, diario dunha rapaza que tiña o mundo na man.  Editorial Xerais. 1ª edición Xullo 2008.
http://cb.pbsstatic.com/l/39/8239/9788497828239.jpg
  Unha rapaza de trece anos, chamada Joana Dalva, vive cos seus pais, a súa avoa e o seu irmán. Un día, Joana vai á perruquería coa súa nai, e a perruqueira, Salete, lelle a man e di que ten o poder nas súas mans. Ela dáse conta de que é verdade cando o seu profesor, Apolo, lle manda facer un traballo sobre Xoana de Arco. Todo aconteceu cando inventou o que lle acontecera a Xoana na fogueira e o profesor de historia púxolle un cero. A directora  deulle outra oportunidade para facer o traballo, pero ese día pola noite anunciaron no telexornal a verdadeira historia de Xoana de Arco, que coincidía coa historia de Joana. Entón deuse conta de que podía cambiar as cousas con só escribilas. De aí en adiante a vida de Joana cambia con problemas e solucións. 

Este é un libro interesante e gustoume, pero o feito de que a protagonista poida cambiar as cousas cando queira, non deixa lugar ao esforzo propio, e a satisfación de lograr as cousas por un mesmo.
Iria Rodríguez 2ºC

Joana Dalva vive cos seus pais, co seu irmán e coa súa avoa. Un día unha señora que le a man díxolle que tiña o poder de cambiar todo canto quixese. Facendo un traballo de historia (que non tiña nada que ver co sucedido de verdade) de Xoana de Arco, o profesor púxollle un cero por inventalo. Pero aconteceu que tivo que cambiar a súa nota porque no telexornal do día senguinte informaron de que a historia verdadeira da santa era a mesma que a escrita por Joana.Ela pensou que enton tamén podía cambiar o presentee, e aí empeza a intriga.

 Este libro ensina que non se pode xulgar un libro pola portada, xa que eu mesma a primeira vista non o considerei  gran cousa, pero ao ir avanzando na historia sentíame máis intrigada e quería saber o final. Gustoume moito o argumento e as expresións da autora.
 Carmela Vázquez 2ºC

Diario cruzado de Xoán e Xoana

http://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro/system/files/u2/xo__n-a.jpg Diario cruzado de Xoán e Xoana. Ana María Magalhaes e Isabel Alçada. Editorial: Alfaguara

 Xoán e Xoana son dous amigos que pasan as vacacións cos seus pais. Escríbense cartas todos os días para contarse un ao outro o que lles sucede. Xoán faise amigo de Domingos e divírtese moito con el. Xoana está triste e non lle quere contar nada a Xoán, pero ao final busca axuda nel. El dálle consellos para poder superar os seus problemas. Ao final os dous son felices.

 Non me gustou porque non me parece xusto que a nai desprezase a Xoán por non ser unha nena, polo contrario, gustoume a amizade tan forte que tiñan Xoán e Xoana.
 FRANCISCO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ 2ºC

1/12/2013

Microrrelatos de Nadal


 Os Reis Magos estiveron connosco e deixaron creatividade ás mancheas nas aulas de 2º da ESO.

ALONSO,Fran O brillo dos elefantes.

ALONSO,Fran O brillo dos elefantes.  Vigo, 2006 Edicións Xerais.      


     Un neno vive nunha aldea de Nicaragua, coa súa nai e a avoa Mirta. Alí  hai unha guerra de militares contra labregos, isto fai que o neno lle teña medo á noite, porque hai disparos e teme pola súa propia vida ou pola dun ser querido.Un día, o seu mestre Taquín, ensínalle un poema que fai que perda  o medo á noite da súa aldea...
  
     Este libro gustoume porque amosa o difícil que é a vida nestes lugares nos que existe un conflito bélico.Recomendaríallo a calquera  persoa (a partir dos dez anos) que busque unha lectura diferente ás demais.


 Sara Antelo Vázquez  2ºA nº3

1/01/2013

Matilda

-->
 http://centros.edu.xunta.es/cepaxunqueiran2/blog/wp-content/uploads/portada-matilda1.jpg
Matilda é unha nena moi desatendida polos seus pais, o señor e a señora Wormwood, e polo seu irman maior Michael. Cando tiña 4 anos xa sabia ler e como os seus pais non estaban na casa polas tardes, encamiñabase cara a biblioteca pública.
Matilda empezou a ir á escola un pouco tarde e tocoulle como profesora, a señorita Honey,esta decatouse de que Matilda era un xenio que sabia multiplicar cifras asombrosas e lía libros enormes, intentou falar coa directora, a señorita Trunchbull, para que cambiase a Matilda de clase pero ela non aceptou.
Un día a Trunchbull foi dar clase onda Matilda e lle acusou de poñer unha pintega na sua auga. Matilda enfadouse tanto que ...
Aqui o deixo e espero que o leades para saber como remata. Haberá un final feliz?
Eu recomendo este libro aos que lles guste pasar un bó rato, a verdade é que este libro e moi tenro e nalgunhas partes algo gracioso.


Lorena Castro Pombo 2ªA Nº13