1/24/2013

Diario cruzado de Xoán e Xoana

http://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro/system/files/u2/xo__n-a.jpg Diario cruzado de Xoán e Xoana. Ana María Magalhaes e Isabel Alçada. Editorial: Alfaguara

 Xoán e Xoana son dous amigos que pasan as vacacións cos seus pais. Escríbense cartas todos os días para contarse un ao outro o que lles sucede. Xoán faise amigo de Domingos e divírtese moito con el. Xoana está triste e non lle quere contar nada a Xoán, pero ao final busca axuda nel. El dálle consellos para poder superar os seus problemas. Ao final os dous son felices.

 Non me gustou porque non me parece xusto que a nai desprezase a Xoán por non ser unha nena, polo contrario, gustoume a amizade tan forte que tiñan Xoán e Xoana.
 FRANCISCO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ 2ºC

1 comentario:

  1. Gustame cartas de inverno porque gustame a historia do conto xa que e de misterio e intriga .

    Juan Ares 1B

    ResponderEliminar