1/24/2013

Poderosa, diario dunha rapaza que tiña o mundo na man.



KLEIN, Sérgio.Poderosa, diario dunha rapaza que tiña o mundo na man.  Editorial Xerais. 1ª edición Xullo 2008.
http://cb.pbsstatic.com/l/39/8239/9788497828239.jpg
  Unha rapaza de trece anos, chamada Joana Dalva, vive cos seus pais, a súa avoa e o seu irmán. Un día, Joana vai á perruquería coa súa nai, e a perruqueira, Salete, lelle a man e di que ten o poder nas súas mans. Ela dáse conta de que é verdade cando o seu profesor, Apolo, lle manda facer un traballo sobre Xoana de Arco. Todo aconteceu cando inventou o que lle acontecera a Xoana na fogueira e o profesor de historia púxolle un cero. A directora  deulle outra oportunidade para facer o traballo, pero ese día pola noite anunciaron no telexornal a verdadeira historia de Xoana de Arco, que coincidía coa historia de Joana. Entón deuse conta de que podía cambiar as cousas con só escribilas. De aí en adiante a vida de Joana cambia con problemas e solucións. 

Este é un libro interesante e gustoume, pero o feito de que a protagonista poida cambiar as cousas cando queira, non deixa lugar ao esforzo propio, e a satisfación de lograr as cousas por un mesmo.
Iria Rodríguez 2ºC

Joana Dalva vive cos seus pais, co seu irmán e coa súa avoa. Un día unha señora que le a man díxolle que tiña o poder de cambiar todo canto quixese. Facendo un traballo de historia (que non tiña nada que ver co sucedido de verdade) de Xoana de Arco, o profesor púxollle un cero por inventalo. Pero aconteceu que tivo que cambiar a súa nota porque no telexornal do día senguinte informaron de que a historia verdadeira da santa era a mesma que a escrita por Joana.Ela pensou que enton tamén podía cambiar o presentee, e aí empeza a intriga.

 Este libro ensina que non se pode xulgar un libro pola portada, xa que eu mesma a primeira vista non o considerei  gran cousa, pero ao ir avanzando na historia sentíame máis intrigada e quería saber o final. Gustoume moito o argumento e as expresións da autora.
 Carmela Vázquez 2ºC

Ningún comentario:

Publicar un comentario