4/26/2013

O BURATO NEGRO


Ese día quedara a facer horas extras no meu traballo. Estaba na miña fría e escura oficina. Mandáranme facer cen fotocopias, nin máis nin menos, cen. Pero cando fixen a fotocopia número vinte e un fallou algo. Saíu cun gran burato negro no medio, era tan grande que ocupaba todo o folio. Despois de estar un bo anaco pensando, decidín tocala. E que sorpresa levei! Podía atravesar a materia coa fotocopia. Funme. Deixei o traballo sen terminar, pero dábame igual. Cando cheguei á casa tiven unha gran idea. Ese insignificante papel ía cambiar a miña vida.
Chamei a un amigo. Só era un amigo aínda que eu quería que fose algo máis que iso. Quedamos no parque onde nos coñecemos e a fotocopia era a número vinte e un, o día que me dei conta que sentía algo máis ca unha simple amizade por el. Cando nos vimos saudámonos e falamos. Logo dun tempo falando díxenlle que colocase a fotocopia no lado esquerdo do peito. Entón abrinas. Abrín as portas do seu corazón.

                                                        Andrea Buyo Míguez, 1º B

O CADRADO BRANCO



Naquela aula so había un neno, un neno castigado e facendo copias.A súa letra era tan grande coma o pé dun dinosauro, polo que axiña se lle acabaron os folios. Foi por máis á secretaría, pasando por un longo corredor. Non había ninguén alí, estaba completamente baleiro. ``Estarán tomando o seu café do descanso´´, pensou. Colleu unhas follas que se encontraban enriba da fotocopiadora e volveu por onde fora. Eran cen folios, e despois de cinco minutos, xa gastara noventa e nove. Foi polo último, pero non lle valía, pois tiña un gran cadrado branco no centro. Pousouno na mesa e palpou o cadrado e... A súa man atravesara a mesa! Era incrible,con este obxecto aparentemente inofensivo, podía atravesar a materia! Nese intre, a cara do rapaz iluminouse. Sabía o que podía facer: gastar bromas aos profes co seu ``papel máxico´´. Primeiro pegou o folio á ventá, colleu unha botella de auga e baleirou o seu contido no cadrado. Caeulle xusto na cabeza dunha profesora! Riuse coma unha hiena, e a gargallada foi tal que se escoitou por todo o edificio, pero por sorte para el, polo eco, non distinguiron a voz. Despois dunha sucesión de bromas, pillárono inevitablemente. Na aula de convivencia tivo tempo para pensar, pensar a a xogada mestra: roubarlles as chaves das aulas aos mestres! Chamar a un cerralleiro para que abra todas esas portas, custa diñeiro e tempo. Por unha temporada non iría a clase.
Perfecto!
Todas as chaves se gardaban nun armario pechado con chave. Pegou o papel na porta e sacou todas a chaves que viu. Meteu a metade do seu corpo no armario para ver se quedaban algunhas, pero por un descoido... Meteuse dentro! O folio despegárase e quedou encerrado!
                                                                             Óscar Barreiro Doldán, 1º B
                                                             
                                                             

4/25/2013

LINDO, Elvira: Manolito ten un segredo.

   

Este libro trata dun neno chamado Manolito que vive en Carabachel (Alto).Cos seus pais, o seu irmán(O Idiota)

e o seu avó.Estase a acercar o nadal  e vén o alcalde do barrio a ver a actuacción dos rapaces ao colexio. Teñen que ir disfrazados de ovellas e pastoriños.Todo estaba ben preparado ata que chegou o día,non todo sucedeu como o tiñan previsto.                                                                                                                                                                                                                                         
 


O libro gustoume porque me  fai rir en todo momento e pásdoo moi ben cos personaxes.Recoméndollelo aos rapaces que están dispostos a pasar un tempo agradable e aos que teñan  sentido do humor.É moi entretido, pero sobre todo e unha historia moi boa.

Antía Vázquez 2ºC

COBAS,Amadeo: As pantasmas sodes do que non hai.




COBAS,Amadeo: As pantasmas sodes do que non hai.Santiago de Compostela,2007.Sotelo Blanco Edicións.


Gorecho Papa Gaio, un home que morreu á idade de cincuenta e pico anos,sobe ao ceo,pero un bo día dinlle que ten que marchar de alí para amosar que merece estar neste sitio,xa que cando estaba en vida, non fixera nada que determinara claramente que fose merecedor nin do ceo nin do inferno.
Deste xeito,e ben ao seu pesar, volve para terra convertido en pantasma e acompañado por unha pantasma feminina para controlalo e saber o que fai en cada momento...

O libro pareceume entretido.nunca lera un libro sobre pantasmas e sobre todo gustoume as expresións divertidas que emprega o autor.
 Sara Antelo Vázquez  2ºA Nº3

CASTRO; Manuel: Chamádeme Simbad.


DATOS DA OBRA
Autor: Castro, Manuel.
Título: Chamádeme Simbad.
Editorial: Árbore /Galaxia.
Nº  de edición: 3º (2011)             
Lugar e ano de publicación: 17 de xaneiro de 2011 en Vigo.
Ilustrado por: Manuel Cráneo.

Paulo ou Simbad é un rapaz de 10 anos que xoga co seu avó aos piratas cando a súa nai se vai da casa.O seu avó ten alzhimer e moitas veces olvídase das cousas pero nunca de Paulo.A nai de Simbad é o que coida ao avó,é sempre di que a volve tola, pero un día descubriu que de verdade o quería ,cando o avó un día marchou da casa e todos comezaron a buscalo como tolos ata chamaron a policía.
Un día Paulo baixou a praza ,debaixo da súa casa, coa súa mellor amiga María ,e cando estaban xogando á pelota un carteiro foilles preguntar se coñecían a Simbad .A Paulo púxoselle o corazón a 100.Ao chegar á casa abriu a carta é era o avó que lle dicía que o rescatara dos filibusteiros.Comezou a remexer na habitación do seu avó e encontrou o libro de Simbad. Detrás del estaba unha caixa colleuna e dentro había fotos é unha tarxeta da Taberna dos Piratas de onde lle dixera o seu avó que o fora rescatar.Ao día seguinte preguntoulle onde estaba os seus país e quedaron de pedra (eles si que sabían algo,pero non llo querían dicir ).Ao día seguinte espertou e Paulo díxolle aos seus pais que ía xogar con María e de verdade colleu un taxi e foi a Taberna dos Piratas . Alí estaban o seu avó e Bernardino ,o irmán do avó do que sempre fala .Comezaron a falar e contar historias e o avó díxolle a Simbad que os seus pais o querían meter nunha residencia.Despois dunhas horas os pais de Paulo chegaron a taberna.Estaban buscándoo e alí amañaron todos os seus problemas familiares .Ao final meten ao avó nun centro de día.Bernardino pecha o bar e no serán vai visitar ao avó de Paulo e ao chegar as noites o capitán dos sete mares(o avó)volvía á casa de Simbad.
CRÍTICA
Este libro sorprendeume moito :o amor que lle ten un avó ao seu neto xa que cando sofría o alzhimer só recoñecía a Paulo.As historias que aparecen gústanme moito.É moi boa idea o de meter ao avó nun centro de día ,agora xa non volverá tola a súa nai e poderá comezar a facer vida.O avó era un traveso e esas travesuras dicíallas a Paulo para que logo as fixera .Este libro é moi gracioso.
LAURA AMADO OGANDO nº2 2ºA

RIVAS, Manuel: O lapis do carpinteiro.


O LAPIS DO CARPINTEIRO
Autor: RIVAS, MANUEL
Título: O lapis do carpinteiro
Lugar e data de publicación: Vigo, maio de 1998
Esta é a historia do doutor Da Barca, un ancián exrepublicano que está no tramo final da súa vida, e cuxa historia é contada por Herbal, un dos personaxes secundarios, xunto con Marisa Mallo.
Herbal é unha persoa que viviu parte da súa vida con medo, posto que fora  antigo garda da cadea de morte “Falcona”. A súa vida vese restructurada ao longo da historia, grazas ao lapis do carpinteiro.
Marisa Mallo era a moza do doutor Da Barca, una  fermosa rapaza da fronteira e filla dunha familia reaccionaria.
A historia transcorre ,maioritariamente en Galiza, na xuventude do doutor Da Barca, a quen a sorte axudou en todos os sentidos... mais el, aínda o tomaba cun sarcástico humor.
Pero Herbal non tivo esa sorte, atorméntanlle todos os crimes e asasinatos (legais) que cometera. A súa única salvación foi un lapis de carpinteiro, que “ tomou prestado” dun home ao que fusilaran. Na súa mente podía falar co pintor (así o chamaban), que era única persoa que conseguía sosegar a súa conciencia. Se o pintor marchaba sabía que morrería coa culpabilidade, aínda que so fose a súa imxinación. Necesitábao para manterse vivo
Todas as persoas teñen os mesmos dereitos: Non se debe xulgar a ninguén polos seus actos, nen ter prexuizos sobre estas persoas. Deberíamos de darlle a este tipo de persoas unha oportunidade para explicar porque fixeron o que fixeron.
Paréceme inxusto condenar a alguén por cometer un crime sen darlle a oportunidade de xustificarse.A liberdade é un concepto fundamental na vida do ser humano. Todo aquel que carece da liberdade, estáselle quitando a oportunidade de poder ser autónomo, ter unha vida propia e uns dereitos.
Recomendaría este libro á xente que lle gustaría rememorar un período histórico de Galicia a partir dunha historia que podería ser real, posto que mostra a vida e o sufrimento da guerra dende distintos puntos de vista.
Amaia Tomé 2ºC
       

4/19/2013

O BURACO NEGRO



Estaba farto, aburrido, cansado de facer fotocopias naquela triste oficina. Aínda me quedaban catro horas nesa oficina para que neste Nadal a miña muller puidese ter aquel vestido que tanto quería  e  que os meus fillos puidesen xogar co que eles pediran.
De súpeto, saíu pola fotocopiadora un folio raso, estraño, era unha cousa incrible!, era negro!, tan negro como o petróleo. No medio da folla había un círculo negro, como non o necesitaba para nada pouseino enriba da máquina e seguín facendo copias. Cando acabei o café pouseino enriba do folio e…. caeu!, era maxia!. Seguín facendo copias pero non podía deixar de pensar naquel estraño acontecemento, así que pensei en todas as cousas que podería facer con el. Tiña fame, ruxíanme as tripas, entón, ocorréuseme que podería coller unha chocolatina da máquina e comela. E así o fixen, puxen un folio co buraco negro no cristal da máquina e metín o brazo polo burato e collina, despois comina.
Seguín pensando en todas as cousas que podería facer co meu burato negro. E ocorréuseme que podería roubar un banco e así xa non ter que seguir facendo horas extra. Saín daquela triste oficina e dirixinme cara ao banco. Cando cheguei ao banco estaba pechado porque xa era tarde. Deime de conta de que a porta estaba aberta pero, aparentemente alí non había ninguén. Entrei despois de pensalo dúas veces xa que sabía que iso estaba mal, pero negábame a seguir facendo horas extra. Así que entrei. Empecei a escoitar unhas voces, guieime ata o lugar de onde proviñan e intentei que non me visen pero non o conseguín e descubríronme. Eran uns ladróns, estaban a facer alí o mesmo que facía eu.Conteilles a verdade, tamén lles contei o do meu burato negro. Díxenlles que lles axudaba e entón trazamos un plan: eles metíanse dentro da caixa forte mentres eu quedaba fóra e así poderiamos acabar antes. Coloquei o burato negro na caixa forte con fixo e despois todos os ladróns metéronse dentro da caixa. Cando me estaban a dar o primeiro billete, que era verde como a herba, automaticamente e sen pensalo saquei o folio co burato negro e dirixinme cara aquela triste oficina a seguir facendo horas extra.

                                                                                                    Alicia García Calvo 1ºB

4/11/2013

CERTAME LITERARIO NA MAGDALENA E A CONDOMIÑA


Bases concurso de escritura!

Cos obxectivos de fomentar a cultura e a educación, incentivar a creatividade literaria e
achegar a literatura ao público en xeral, a Asociación de Veciños da Magdalena e a
Condomiña convoca un concurso literario coas seguintes bases:




1. Poden presentarse autores e autoras de calquera nacionalidades, existindo dúas
categorías: a infantil ata os 14 anos e a adulta dos 15 anos en diante.

2. As obras poderán ser escritas en castelán ou galego, sendo estas inéditas e non
premiadas.

3. O tema do traballo estará relacionado ca palabra chave escollida para esta
primeira edición: o barrio.

4. Haberá dúas modalidades: a de poesía cunha extensión máximo de 50 versos e a
de relato curto cunha extensión máxima de seis páxinas.

5. Cada persoa poderá presentar un máximo de dous traballos.

6. O modo de entrega poderá ser por correo electrónico a asociaciondamagdalena@gmail.com  enviando adxunto a copia do traballo e noutro documento os datos do autor ou da autora: nome, DNI, dirección, teléfono e ocupación. Tamén poden ser presentados por correo ordinario na dirección Avenida Fraga Iribarne, nº 78, 4ºC, Betanzos (A Coruña), CP. 15300. Neste caso deberá conter dúas copias do traballo e un sobre pechado cos datos do autor: nome, DNI, dirección, teléfono, email e ocupación.

7. O prazo de entrega rematará o día 17 de maio, Día das Letras Galegas.

8. O xurado estará composto polo poeta Xosé Carpenter, a enxeñeira naval Elizabeth Riva, o avogado Luís Xesús Sánchez, a documentalista María Pereira, a escritora Elena Veiga, o escritor Xesús Fraga, o historiador Julián Ferrer e a poetisa Gabriela Rodríguez.

9. O premio consistirá nun diploma acreditativo, nunha xira ao campo dos Caneiros, un lote de libros e un agasallo sorpresa por parte da Asociación de Veciños.

10. A decisión do xurado será comunicada o día 31 de maio e haberá posteriormente un acto público para dar a coñecer os traballos.

11. As obras premiadas pasarán a formar parte do patrimonio da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña que terá a decisión de publicala nos medios que crea conveniente.

12. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das súas bases e a decisión do xurado que será inapelable.

A Presidenta da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña,
Yolanda Pascual Izquierdo

4/08/2013

AGHATA CHRISTIE REENCÁRNASE EN BETANZOS


 O CRIME PERFECTO


Si, en efecto, alí estaba eu nas festas de San Roque. Era o día 18, os Caneiros.
Recordo ese día coma se fose onte. Un domingo de hai cinco anos. O vinte e cinco de agosto de dous mil doce. Fora ata a ribeira do río Mandeo para ver os fogos artificiais e os bonitos barcos que regresaban da festa. Aínda non había moitos xa que eran as sete, cedo.
            O día  estaba a transcorrer con normalidade  ata que, de súpeto , divisouse algo ría abaixo, flotando entre os barcos. A xente comezou a gritar e a asustarse.
            Era o que os meus ollos vían: un cadáver. A min, que son a mellor detective de todo Betanzos asignáronme este caso. O meu equipo sacoulle fotos ao cadáver, recolleu posibles probas e levouno ao laboratorio forense. Como antes dixen, son a mellor detective e polo tanto podería resolver este complicado caso. Podíase ver que se trataba do cadáver dun mozo. Identificámolo. Chamábase Xacobe Lata Mahía, era novo: dezanove anos. Interrogamos as persoas que estiveran con el ese mesmo día. Vírano por última vez contra as catro da tarde no campo dos Caneiros. Afastárase do grupo e non volvera.
 Na súa roupa encontramos pegadas de mans humanas. As mans dun dos seus amigos: Rodrigo Casal Fernández, que misteriosamente tamén desaparecera seguindo a Xacobe. Só que el volvera logo de media hora. Estaba eu interrogándoo cando o meu equipo me deu unha mala noticia: as probas do crime desapareceran! Fomos ata a casa de Rodrigo. Entramos na  súa habitación e vimos tódalas probas escondidas debaixo da cama. Non rompín máis a cabeza. Arrestámolo por homicidio. El dicía que era inocente pero nós non o cremos. Tiña que pasar dez anos no cárcere. Pero só pasou cinco, morreu. Faleceu debido a unha grave enfermidade. Todo Betanzos volveu á normalidade.
 O que ninguén soubo foi por que Rodrigo matou Xacobe e como puido facer para baixar na barca e soltar o cadáver ao río. Tampouco descifraron como fixo para levar as probas á súa casa se estaba retido na comisaría. Eu si que o sei. Rodrigo era inocente.
O cadáver estaba enganchado no río cunha cordiña moi, moi fina. Ese día había moita corrente e a cordiña rompeu. Que como o sei? Fácil. Porque Rodrigo non matou a Jacobo, as probas púxenas eu na súa habitación e as súas pegadas o mesmo.
Rodrigo non era o culpable do asasinato.

                                                                                                Andrea Buyo Míguez, 1ºB