4/08/2013

AGHATA CHRISTIE REENCÁRNASE EN BETANZOS


 O CRIME PERFECTO


Si, en efecto, alí estaba eu nas festas de San Roque. Era o día 18, os Caneiros.
Recordo ese día coma se fose onte. Un domingo de hai cinco anos. O vinte e cinco de agosto de dous mil doce. Fora ata a ribeira do río Mandeo para ver os fogos artificiais e os bonitos barcos que regresaban da festa. Aínda non había moitos xa que eran as sete, cedo.
            O día  estaba a transcorrer con normalidade  ata que, de súpeto , divisouse algo ría abaixo, flotando entre os barcos. A xente comezou a gritar e a asustarse.
            Era o que os meus ollos vían: un cadáver. A min, que son a mellor detective de todo Betanzos asignáronme este caso. O meu equipo sacoulle fotos ao cadáver, recolleu posibles probas e levouno ao laboratorio forense. Como antes dixen, son a mellor detective e polo tanto podería resolver este complicado caso. Podíase ver que se trataba do cadáver dun mozo. Identificámolo. Chamábase Xacobe Lata Mahía, era novo: dezanove anos. Interrogamos as persoas que estiveran con el ese mesmo día. Vírano por última vez contra as catro da tarde no campo dos Caneiros. Afastárase do grupo e non volvera.
 Na súa roupa encontramos pegadas de mans humanas. As mans dun dos seus amigos: Rodrigo Casal Fernández, que misteriosamente tamén desaparecera seguindo a Xacobe. Só que el volvera logo de media hora. Estaba eu interrogándoo cando o meu equipo me deu unha mala noticia: as probas do crime desapareceran! Fomos ata a casa de Rodrigo. Entramos na  súa habitación e vimos tódalas probas escondidas debaixo da cama. Non rompín máis a cabeza. Arrestámolo por homicidio. El dicía que era inocente pero nós non o cremos. Tiña que pasar dez anos no cárcere. Pero só pasou cinco, morreu. Faleceu debido a unha grave enfermidade. Todo Betanzos volveu á normalidade.
 O que ninguén soubo foi por que Rodrigo matou Xacobe e como puido facer para baixar na barca e soltar o cadáver ao río. Tampouco descifraron como fixo para levar as probas á súa casa se estaba retido na comisaría. Eu si que o sei. Rodrigo era inocente.
O cadáver estaba enganchado no río cunha cordiña moi, moi fina. Ese día había moita corrente e a cordiña rompeu. Que como o sei? Fácil. Porque Rodrigo non matou a Jacobo, as probas púxenas eu na súa habitación e as súas pegadas o mesmo.
Rodrigo non era o culpable do asasinato.

                                                                                                Andrea Buyo Míguez, 1ºB

1 comentario:

  1. Son a autora deste conto e espero que vos guste e todos un mntón xa que me esforcei moito para escribilo e penso que me quedou bsante bonito interesante.

    ResponderEliminar