5/01/2013

III CONCURSO DE CREACIÓN LITERARIA CONCELLO DE BETANZOS

Rapazas e rapaces do Francisco Aguiar, demostrade o que sodes quen de facer e dádelle choio ao xurado!
Velaí van as bases para a categoría xuvenil (relato curto e poesía):
PRIMEIRA. Participantes
Poderá participar todo o alumnado que estea a cursar a ESO, o Bacharelato ou os ciclos formativos ata os 18 anos nos centros de ensino de Betanzos.
SEGUNDA. Tema e contido
O tema é libre tanto nos relatos como na poesía
TERCEIRA. Formato
Establécense dúas modalidades de participación, relato curto e poesía. O relato curto deberá ter unha extensión máxima de cinco follas e no caso da modalidade de poesía poderanse presentar ata cinco poemas.
Os orixinais deberán estar mecanografados a espazo e medio por unha soa cara con letra Times New Roman ou Arial, tamaño 12 puntos ou similar. Validarase a calidade estética e lingüística e a orixinalidade.
Os traballos deberán presentarse en lingua galega. As persoas participantes concorrerán cunha única obra orixinal, inédita e individual. Nos traballos deberán constar os seguintes datos: nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono, curso e centro.
CUARTA. Presentación
O prazo de entrega dos traballos está aberto do 29 de abril ata o día 15 de maio de 2013. As creación poderanse entregar nas secretarías do IES Francisco Aguiar, do IES As Mariñas e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, no Servizo de Normalización do Concello de Betanzos (Casa do Concello, 2.º andar) ou no enderezo electrónico: normalizacion@betanzos.net. A convocatoria deste concurso e as súas bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, así como na páxina web do Concello de Betanzos (www.betanzos.net).
QUINTA. Premios
Establécense diferentes categorías para a participación. Haberá dous premiados en cada unha das categorías, un primeiro premio e un accésit. Na categoría do alumnado da ESO (12-16 anos) haberá un primeiro premio de 300 euros e un accésit de 150 euros. Na categoría do alumnado de Bacharelato e ciclos formativos (16-18 anos) haberá un primeiro premio de 300 euros e un accésit de 150 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario