6/08/2013

Meigallos de Uxía.


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgFQTuLbtnvPVmOaBT0Er1AOiapO3gMiie3jq44IG1f4QH1CY4EhKmjIRe9kTSmjBYNlgE0CdcPZvriQ35LpIfzuCeoDp-5Rvf7nwkJZUe6nZBL9ezI7eP0DEJEuKJV7ZX9DmOo5TtITvNl/s400/queimada.jpg

Meigallos me botas ao verme,
coa vista mirando cara ao frente.
Namórome mirando os teus ollos,
meigallos que botas e eu collo.

Meigallos á noite e ao día,
tan simples, sinxelos... ledicia!
Ledicia ao ver os teus ollos,
meigallos que botas e eu collo.

Lúa querida, guíame na noite,
guíame ata que só a el escoite.
Guíame sempre aos meus soños,
meigallos que botas e eu collo.

Agora esperto, sobresaltada,
a noite e a lúa esperada.
Xa non o  vexo a el e os seus ollos,
meigallos que botas e eu collo.
Uxía Castelos 2ºA

Dúbidas... de Rebeca Marcote.

 
http://spidermarx.files.wordpress.com/2011/01/suenos.jpg
Agora que me enteiro de todo
pregúntome, isto é 
un soño ou un pesadelo?
Non o sei ben...
quizais...un pouco de todo.

Se me paro un pouco penso:
que ten de malo? 
ou de bo?
De malo... moi pouco.
E entón río 
porque non era un pesadelo,
só era
unha saída do sufrimento.
Rebeca Marcote 2ºB

6/03/2013

Rosalía re-crea a Rosalía


Desamor ao solpor

Unha vez tiven un amor
moi profundo no corazón
mais non me lembra se ese amor
era de xuventude ou de maior,
só sei que me produciu unha dor tan profunda,
que tanto me apenou
que á noite eu choraba
con desconsolo e paixón.
Paixón de namorada
esperando o solpor.
Rosalía Doporto 2ºC