6/08/2013

Meigallos de Uxía.


http://1.bp.blogspot.com/_1dSqQt1kYg8/SwxfH3NPJyI/AAAAAAAAABA/ToNtsvZtLiE/s400/queimada.jpg

Meigallos me botas ao verme,
coa vista mirando cara ao frente.
Namórome mirando os teus ollos,
meigallos que botas e eu collo.

Meigallos á noite e ao día,
tan simples, sinxelos... ledicia!
Ledicia ao ver os teus ollos,
meigallos que botas e eu collo.

Lúa querida, guíame na noite,
guíame ata que só a el escoite.
Guíame sempre aos meus soños,
meigallos que botas e eu collo.

Agora esperto, sobresaltada,
a noite e a lúa esperada.
Xa non o  vexo a el e os seus ollos,
meigallos que botas e eu collo.
Uxía Castelos 2ºA

5 comentários:

  1. o poema é moi bonito,sigue así doulle un 9


    JUAN CARLOS CAMPOS GONZÁLEZ 1ºA Nº4

    ResponderEliminar
  2. Pareceme moi tipico ao ser epoca de San Xoan.
    E moi bo a poema.



    -Antonio Carro 1ºA

    ResponderEliminar
  3. e moi bonito segue escribindo poemas que vas para poeta doulle un 10 segue asi



    anton carro castrillon 1Eso

    ResponderEliminar
  4. A mi pareceme bo xa que é un poema con bastante sentido





    Sergio Fernández 1ºA

    ResponderEliminar
  5. Gustoume moito este poema porque fala de cousas, rituais galegos mesturados co amor, e un poema realmente bon.


    Carla Gómez Furelos 1ºA

    ResponderEliminar