2/21/2014

UNHA CRONISTA CON MOI BOA VISTA




Paula Sánchez ofrécenos a súa versión do que aconteceu no noso instituto o Día dos Namorados neste


 ROMANCE DE CEGO                                            


Eu sonlles un pobre cego
que perdín a miña vista,
mais manteño o meu enxeño
que permite a miña vida.

Veñan señores e escoiten,
farei que lles entren ganas;
que eu sei os cantos mellores,
e as historias máis estrañas.

O día dos namorados
moitas cartas se mandaron
a rapaces e rapazas,
na biblioteca acabaron.

Todos coma tolos ían
correndo a buscar as súas
para ver cantas persoas
lles deixaran a eles unha.

Algúns recolleron moitas,
outros poucas cartas tiñan,
a un neno que eu ben coñezo
non houbo quen lle escribira.

Coa vergonza que lle deu
correndo fuxiu axiña,
non volveron velo máis
ata á hora da saída.

Aos amigos comentaba
que iso todo eran parvadas,
que el era moito máis listo,
non quería trapalladas.

Todos che saben ben que iso
é porque ninguén o quere,
pois se non é bon amigo
ben pouco amor nos merece.

Pouco a pouco vou chegando
ao final deste cantar
feito polo voso cego
que xa vos ten que deixar.



Paula Sánchez Regueiro, Nº 26, 1º C