3/31/2014

ROMANCE DO CEBREIRO



Continuamos viaxe cos nosos romancistas de primeiro(a), que seica lle pillaron o gusto a isto dos octosílabos.


VIAXE AO CEBREIRO


No sofá estaba eu sentado
unha tarde de febreiro
de súpeto veu miña nai
dicindo de ir ao  Cebreiro.

Eu púxenme moi contento
por fin iamos ver a neve
pero a meu irmán sen a táblet
non hai demoño que o leve.

Por fortuna o convencemos
dicíndolle que é xenial
visitar unha montaña
cunha paisaxe invernal.

De camiño para Lugo
pola ventá mirabamos
impacientes todos nós
pra saber se chegabamos.

Cruzamos bastantes ríos
grandes viadutos pasamos
pero a neve non se vía
xa desesperanzabamos.



Despois de varios minutos
xa se ven cumes nevados
canto máis nos achegamos
máis ilusión recobramos.

Cando á montaña chegamos
había xente xogando
tanto nenos como maiores
na neve estaban tirados.

Fixemos bólas de neve,
e a lanzalas comezamos
sacamos algunhas fotos
e a Betanzos regresamos.

E quizais o ano que ven
quizais tamén en febreiro
a un de nós se nos acorde
ir outra vez ao Cebreiro.





                    Diego Teijo Barral, 1º D