4/09/2014

Non é unha historia máis

Este foi o tema que quixeron denunciar na clase de 2ºD. E este o poema que construímos entre todos, co molde que nos prestou Celso Emilio Ferreiro do seu poema Digo Vietnam. (Viaxe ao país dos ananos,1968)
Digo unha historia máis
A penas digo nada

Digo lúa de mel
e promesas de amor eterno.

Digo cega de amor,
monotonía, infidelidad
debilidade no teu perdón.

Cicatrices, maquillaxe,
dor nas entrañas, mazaduras,
bágoas.

Digo falsas esperanzas,
discusións, desculpas, agresións,
pánico, impotencia.
Digo caídas finxidas.
A penas digo nada
Digo pasar do amor ao odio,
ser a súa pertenza.

Digo denuncias,xuíces,
orde de alonxamento, ameazas,
custodias, cárcere,
medidas cautelares, nada.

Digo estatísticas, xornais ,
titulares, cifras,
campañas, cancións, cámaras,
miseria, enganos.
Digo noticias que a prensa pensa.
A penas digo nada.

Digo violencia de xénero e xa está todo dito
con estas tres palabras.

Para abranguer a vergonza do mundo
digo violencia de xénero e basta.
Alumnas e alumnos de 2ºESO D

4/08/2014

A que sabe o amor?

Pois en 2ºB agrupamento, sábenos así:


A que sabe o amor?
Aos píos dos paxaros.
A lúa en noite escura.
A amorodos con nata.
A solpor na praia.
A bolboretas voando.
A chocolate con churros.
A baleiro e a nada.
Ao ulido das flores.
Ás cores do arco da vella.
A emocións intensas.
Ao ceo cheo da raiolas.
Aos vestidos das árbores.
Ao burburiñar da auga.
Aos doces nas tardes de chuvia.
A ti.
Alumnas e alumnos de 2ºB Agrupamento.

Inmigración, un poema de 2º B Agrupamento.

Porque nos enfada, porque nos rabuña na alma, porque é inxusto. E así o expresou este grupo de alumnos.

Digo cadáveres subsaharianos,
a penas digo nada.
Digo litoral de Ceuta, corpos flotantes,
noxenta realidade.

Digo fronteira con Marrocos,
250 almas na costa de Ceuta,
pelotas de goma, peticións de dimisións,
 sancións, violación das normas,
garda civil, rastrexo, nada.

Digo falta de auxilio,
omisión de socorro, burla, morte, 
vítimas, fame, xenofobia
e coitelas nos valados.

Digo desprezo aos dereitos humanos.
A penas digo nada.
Digo abuso da superioridade,
reparto inxusto da riqueza.

Digo risco para as vidas,
fame, destrución, abuso,
maltrato, racismo,
realidade vergoñenta.

Digo 30000 africanos
con soños europeos,
venda de paraugas nas rúas,
reloxos nos paseos das praias,
facer coma que non pasa nada.

Intentos de mellor vida.
Digo inmigración e xa está todo dito
cunha soa palabra.

Para falar do cinismo do primeiro mundo
digo inmigración e basta.
Alumnas e alumnos do Agrupamento de 2ºB.






4/07/2014

Os malos, un poema de Ion.

Usamos a poesía para lanzar a nosa mensaxe  para  quen a queira oír. Niso están os rapaces da clase de 2º D ESO. Iso foi o que fixo Ion neste poema.



Os malos.

Eses rapaces do colexio, 
tan malosos e atrevidos,
nunca deixan
 que estude tranquilo,
con calma e en silencio.

Eses rapaces do colexio,
tan malosos e atrevidos,
nunca deixan
que saque boas notas,
interrompendo e molestando.

Eses rapaces do colexio,
tan malosos e atrevidos,
nunca entenderán
que se pode pasar ben
e ter bos resultados.

ION MAMALIGA 2ºESO D

4/02/2014

Abecedario

Tomando como modelo o  poema de Yolanda Castaño,  Abecedario baleiro (Elevar as pálpebras 1995),  na clase de 2ºD crearon de xeito colectivo o seu propio abecedario, xogando coas estruturas paralelísticas, a aliteración e botando man da súa capacidade creativa

Amigos de ánguidos anódinos.
Botica de bota branca.
Camas cubertas de croios cóncavos.
Chacota de chanfainas chifladas.
Dor de disparos distantes.
Enigma de eclipses empedernidas.
Felicidade fuxidía de festas familiares.
Galante guerreiro de gran garantía.
Hucheira de herdanzas hipócritas.
Inverno de irrealidades inmensas.
Luz lixeira de longa liberdade.
Mosca en molesto movemento.
Néctar de nébeda narcótica.
Orfo doutras olladas.
Paseantes pálidos pousados nos peitorís.
Quintais de querer en quimeras queimadas.
Revolta de revividas rexencias.
Sarabullo de seituras sucias.
Tempo tosco de triste tormenta tépeda.
Uzal de uncións universais.
Vidas de vagas vitorias.
Xestas xeadas de xubilosas xenreiras.
Zunido de zamelos zarrapicados .

Alumnos e alumnas de 2ºD