5/22/2014

Curto intento de esperanza

O ceo é de luz.
De luz son as esperanzas
e a liberdade.
De luz, o ceo
e as nubes.
As persoas,
os amigos, 
os familiares,
o vento,
os campos,
as montañas
son de luz.
O ceo das persoas
que afastado se encontra,
creado está
tamén,
de esperanza.
E eu agonizando
neste curto intento
de esperanza.

      David Boo (4ºB)

5/21/2014

Doce introdución ao caos

Obra de Peskador
O paxaro azul é de Robe.
De Robe son as papoulas
e os rabudos vales.
De Robe os interiores
e a loucura transitoria.
As golfas,
as putas, 
o Xesús Cristo García,
a verea da porta de atrás
e o sol de inverno
son de Robe.
Os camiños das utopías
que en Extremaedura agardan
saídos están
tamén
de Rober.
E eu agardando a miña
doce introdución ao caos.

             Antía Soto López (4ºB)

5/20/2014

Guerreira amazona

Graffiti en San Pedro de Mezonzo
A Coruña
A túa lanza
é capaz de arrincarme
o corazón.

A túa fermosa silueta

no campo de batalla
ilumíname.

Es, ti, a máis fera guerreira

da tribo ancestral.

A guerra é o teu fin,

mais... se ti queres,
o meu corazón
pode ser o teu camiño.

              Nacho García Infante (2ºC)

Loitadora


Ti, ti e só ti
roubáchesme o corazón.

Loitadora sen nome,
a miña amada loitadora.

Ti, ti e só ti
puidéchesme namorar.

Guerreira ardente,
ámote con loucura.

Se estiveses en perigo,
morrería por ti,
a miña fermosa e amada
loitadora.

     Nacho García Infante (2ºC)

Fermosa

Os teus ollos
son as dúas estrelas
que me guían.

Os teus cabelos
son os pétalos
da rosa en flor.

As túas bágoas
son as perlas máis fermosas
do fondo do mar.

O teu sorriso
é o arco da vella
que enmarca a miña vida.

      Nacho García Infante (2ºC)

O meu universo

As estrelas? Os teus ollos.
As constelacións? O teu cabelo.
Cando te miro,
sinto algo dentro de min
que rebole.

Unha forza enorme
que me atrae,
unha gravidade
coa que non podo loitar.

Fermosa? Coma un millón de soles.

Ti, meu amor,
ti es o meu único universo.

    Nacho García Infante (2ºC)

Ti

Só existe unha palabra
para explicar
o que agora sinto.
            
        Ti

Un nome
baixo unha mirada
triste.

        Ti

Tan sinxela,
tan fácil de dicir
e tanto amor
posto nela.

        Ti

Teima, tenrura,
eternidade, calor,
ceo, luz, noite...

        Ti

Ti, ti,
tempo e espazo
sen escuridade.

        Ti


Nacho García Infante (2ºC)

Indomable




Ninguén puido
achegarse a ti.
O teu nome?
Indomable.
Fera.
Fereza indomable.
Indomable...
ata para min.


      Nacho García Infante (2ºC)

Intenso intre de medo

A atmosfera é de lume.
De lume son as persoas
e as verbas.
O tribunal,
o xuíz,
o fiscal,
o tempo,
as testemuñas
son de lume.

A transparencia da xente
que cerca escoita,
tamén,
de lume.

E eu ardendo
neste intenso intre
de medo.

Icía Carro Barallobre (4ºB)

5/19/2014

Emulando a Celso Emilio Ferreiro


Pawel Kuczynski
O engano é de políticos,
de políticos son as corrupcións
e os parados.
De políticos a inxustiza
e as desigualdades.
As manipulacións,
a inseguridade,
a impunidade,
o odio,
os despedimentos
son dos políticos.
Os sentimentos dos traballadores
que ao descoñecido marchan
feitos están,
porén,
de dor.
E eu sobrevivindo
nesta duradeira crise
de merda.
             
          Patricia Martínez Valiño (4ºB)

5/13/2014

Cambiar para mellorar.

Velaí vai o terceiro traballo presentado para este concurso de video-producións para a promoción da lingua galega na comunidade educativa. O certo é que a cousa estase poñendo cada vez máis difícil para escoller os gañadores.


_Thumbnail

Os poemas de Juan.

Entrou a luz na miña ventá
relucente, branca e inocente
coma un neno pequeno.
Hoxe cambiou todo.
Hai xente na rúa?
Ela pediu axuda.
Na rúa
dous dedos
nos ollos
ensanguentados.
Olladas apagadas.
Rápida, rauda,.
Nena cega
pola rúa
coma nunha autoestrada
na que todo se perde.

Os poemas de Marcos.

O mar é inmenso
e inmenso son os ceos
e as augas.
grande é o mundo
e as ventás,
ás árbores,
o vento,
as lousas.
As olladas son grandes,
os corazóns dos homes
que ao lonxe espreitan
tamén son inmensos.
E eu, naufragando
na inmensidade
do mar.

Os poemas de Pablo.

A que sabe o fútbol?

a unha gran paixón.
A un sentimento.
a unha bomba de adrenalina.
A gran emoción.
A nervios.
A sentimentos no corazón.
A latexos.
A tristeza.
A alegría.
A superación.
A tempo de desfrutar.
A reloxo parado.
A algo inexplicable.

Os poemas de Manuel.

Entrou a escuridade na miña cabeza,
chea de soedade, tan negra e fría
coma unha lámpada fundida.
Hoxe a miña cabeza está descontrolada.
Teño teas de araña no cerebro?
Un caos invadiu a miña mente
coma se me batesen nela.
Dous coitelas cravados
sobre a miña testa.
As veas e as arterias comprímense,
sen deixar correr o sangue.
Unha luz velos, brillante.
A dor xa remata.
A escuridade pérdese.

Eses profesores de instituto...
Eses profesores de instituto,
tan esixentes e controladores
nunca permiten
que teñamos unha tarde
tranquila e relaxada.

Eses profesores de instituto,
tan esixentes e controladores
nunca aconsellan
que descansemos
senón que fagamos os deberes.

Eses profesores de instituto,
tan esixentes e controladores
nunca comprenden
que demasiados exames xuntos
baixan as notas.




Os poemas de Hugo.




A que sabe o egoísmo?
A coche sen rodas.
A colexio sen alumnos.
A cor negra.
A xogos sen amizade.
a vendedor sen cliente.
A goma sen lapis.
A can con pulgas.
a médico sen doentes.
A auga salgada.
A noite sen fin.
A luz sen brillo.
A mundo sen habitantes.


O sol é libre.
De liberdade son as estrelas
e os cometas.
De liberdade a calma
e as galaxias,
as aves,
as fadas,
o universo,
as meigas.
A imaxinación é libre
coma un falcón
que surca os ceos
do ocaso galego.

E eu, preso,
nesta noite escura
cunha corda atada ao
pescozo e sen poder
facer nada
para ser

libre.



Os poemas de Lidia.

A que sabe o desamor?
A parede sen porta.
A vida sen auga.
A grupo sen cantante.
a cicloxénese explosiva.
A inverno sen leña.
A deberes en verán.
A día sen sol.
A chuvia sen paraugas.
A clases longas.
A ganas de comer.
a bolis sen tinta,
A lapis sen sacapuntas.
A modista sen modelo.
A problema sen solución.


Tatuaxe.
Non quero que me mires.
Non quero ser unha entre moitas.
Non quero converterme en pasado.
Só quero que me queiras coma a ningunha.
Algo que nos una para sempre.

os poemas de Christian.

O balón é de fútbol,
de fútbol son os xogadores
e as portarías.
De fútbol o céspede
e o estadio,
as bancadas,
as bandeiras que ondean no aire,
o ambiente,
as liñas do campo son de fútbol.
Os árbitros,
que tanto se equivocan
estes
tamén
de fútbol.
E eu aquí,
sentado no sofá
vendo fútbol.
A que sabe o amor?
A fútbol se televisión,
a auga do Mediterráneo,
a tinta de bolígrafo,
a escuridade nas nubes,
a animal mdepredador,
a fanta de limón,
a cidade abandonada,
a corrente do río,
a eclipse de sol,
a dor de cabeza.

Os poemas de Nico.

Estou por ti, disme
coa voz entonada de sorrisos
e noto entón
como me salta unha nota
debaixo do taboleiro do piano
onde cada sentimento
é unha nota misteriosa,
unha obra musical
de palabras con ritmo
que non sei como se din.
Estou por ti, repites,
e entón comprendo
que iso que chaman amor
é a postura máis difícil
dunha nota mergullada
que non sae nin se aprende
nas obras de Mozart
con notas complexas.

5/12/2014

Os poemas de Xoán



pasillo
Entrou a noite no meu pobo
tan escura, tan sucia e impura
coma as brasaas ardentes dunha fogueira.
Hoxe a miña rúa é tenebrosa.
Xogan os monstros nos faiados das casas?
El foi o primeiro que pasou
coas súas fortes mans:
dúas gadoupas musculosas
escondían a súa cara.
Os seus ollos enormes
ollábanme atentos, fríos.

Enterrador cotroso, lento...
Un medo irremediable.
A noite é eterna
coma un reloxo estropeado.
Durmo na miña cadeira.



Imborrable
Non quero ser rotulador permanente.
Non quero ser tinta china.
Non quero ser a cicatriz do teu Action Man.
Só quero os nosos nomes escritos a lapis.
Algo que poida borrarse cunha goma.

Os poemas de Sara

Gústasme, disme,
coa voz bailando entre sorrisos,
e noto entón
como me salta un exercicio
debaixo dos focos do peito,
nun nervioso escenario
onde cada sentimento
é un paso misterioso,
unha cpmplicada coreografía
de palabras coordenadas
que non sei como se din.
Gústasme, repites
e entón comprendo
que iso que chaman amor
é a postura máis difícil
da parte de atrás do telón,
a única postura
que non sae nin se aprende
nas mellores exhibicións
dos venres pola tarde 

Os sorrisos son agradables.
Agradables son os ollos
e a voz.
Agradable o mar
e a luz,
o verán,
o sol,
a amizade,
as caricias.
O amor é agradable.
A vida
que ao lonxe espera
ten acontecementos 
tamén
agradables.
E eu soñando,
neste curto
e agradable día.